Unha historia aberta · 2026
Érase unha vez un proxecto Open Source
Un conto para aprender sobre licenzas, comunidades e contribucións.
Unha caixa de cartón, unha gata chamada Teky e os animais dun bosque enteiro. Porque entender o Open Source non debería dar máis medo ca unha historia para ir para a cama.
A caixa de TekyUn conto para aprender sobre Open Source
Para persoas grandes que se dedican ao software e para as pequenas que quizais algún día tamén o fagan.
Naceu mentres preparaba unha charla para a WordCamp Galicia 2026. Aquel guión de dez minutos medrou ata converterse nun proxecto aberto, co texto, a charla e as ilustracións no repositorio. Agora vai camiño de ser un libro ilustrado.
O libro conta unha historia: Teky constrúe unha caixa de cartón para non pasar frío e compártea cos animais do bosque. O que lle pasa á caixa serve de metáfora para explicar conceptos reais dun proxecto open source.
Se che interesa o proceso de liberar un proxecto e os pasos para contribuír, quizais che guste esta historia.

Os materiais
Todo o que precisas para ler, contar ou reutilizar o conto.
O libro ilustrado
Páxina a páxina.
Xa podes follear a maqueta en galego, coas ilustracións e os textos tal como aparecen no libro.
A versión dixital será de balde e aberta para uso non comercial. E se che apetece ter unha copia en papel… aínda estamos vendo como facelo. Segue o repositorio para enterarte en canto estea.
Seguir o repositorio
Toca para follear
Unha dobre páxina da maqueta. Follear o libro completo.

Tui pía
Se non o contas, ninguén se entera.
Tui sabíao ben: por moi boa que sexa a caixa, se ninguén pía, ninguén se achega. Unha estrela no repositorio é o teu pío: axuda a que o conto chegue a máis xente e a que outras persoas atopen o proxecto.
A túa parte da historia
A caixa aínda ten sitio para ti.
Non fai falta saber facelo todo. Podes traducir unha páxina, detectar unha errata, contar a historia ou facer que máis persoas a poidan ler. Escolle por onde empezar.
Traduce
O conto está en galego. A tradución ao castelán é o máis útil agora mesmo, e calquera outro idioma é benvido.
02Revisa
Atopaches unha errata ou unha explicación que se pode mellorar? Abre unha incidencia.
03Cóntao
Nun meetup, nunha aula, nun obradoiro. Os materiais están para reutilizar.
04Para docentes
Unha guía para usar o conto na aula aínda non existe. Axúdasnos a facela?
05Accesibilidade
Textos alternativos para as ilustracións, contraste, unha versión só texto.
Empresas
Queres financiar unha tirada en papel, ou usar o material nun contexto comercial? Estamos preparando un correo do proxecto para falar contigo.
Contacto en preparaciónLicencio explica
Este conto tamén leva a súa nota.
O contido —conto, guión, personaxes e ilustracións— é CC BY-NC 4.0: podes compartilo, traducilo, adaptalo e contalo en aulas e charlas, sempre citando a autora. Para usos comerciais, escribe primeiro.
O código —o xerador da presentación e esta web— é MIT.
As licenzas que aparecen dentro do conto (MIT, GPL, Apache) son parte da historia, non a licenza desta obra.

Escribe o teu propio capítulo.
Todo proxecto open source empeza con alguén que pensa «e se o comparto?». O seguinte capítulo desta caixa pode ser teu.
Empeza por aquí