Érase unha vez… un proxecto Open Source

Un conto para aprender sobre licenzas, comunidades e contribucións.

Unha caixa de cartón, unha gata chamada Teky e os animais dun bosque enteiro. Porque entender o Open Source non debería dar máis medo ca unha historia para ir para a cama.

Polo de agora, só en galego. Axúdasnos a traducilo ao castelán?

Os animais do bosque arredor da caixa de Teky, na ilustración da cuberta do libro

Un conto para aprender sobre Open Source

Para persoas grandes que se dedican ao software e para as pequenas que quizais algún día tamén o fagan.

Naceu mentres preparaba unha charla para a WordCamp Galicia 2026. Aquel guión de dez minutos medrou ata converterse nun proxecto aberto, co texto, a charla e as ilustracións no repositorio. Agora tamén é un libro ilustrado.

O libro conta unha historia: Teky constrúe unha caixa de cartón para non pasar frío e compártea cos animais do bosque. O que lle pasa á caixa serve de metáfora para explicar conceptos reais dun proxecto open source.

Se che interesa o proceso de liberar un proxecto e os pasos para contribuír, quizais che guste esta historia.

Bandido, Lúa e Fozas, os tres mapaches do conto
Bandido, Lúa e Fozas

O libro ilustrado

Páxina a páxina.

Xa podes follear o libro en galego, páxina a páxina.

Esta é a edición de proba (v0.1): unhas poucas copias en papel, non venais, para estreala na WordCamp Galicia e recoller ideas antes da primeira edición. A versión dixital é de balde e aberta para uso non comercial.

O libro aberto pasando páxinas: Teky constrúe a súa caixa e compártea co bosqueUnha páxina do libro: Teky constrúe a súa caixa de cartón, peza a peza

Os materiais

Todo o que precisas para ler, contar ou reutilizar o conto.

A túa parte da historia

A caixa aínda ten sitio para ti.

Non fai falta saber facelo todo. Podes traducir unha páxina, detectar unha errata, contar a historia ou facer que máis persoas a poidan ler. Escolle por onde empezar.

Teky na súa mesa, rodeada das instrucións que escribiu para o bosque

As instrucións

Non sabes por onde empezar?

No CONTRIBUTING atopas que axudas encaixan e como facer a primeira; no taboleiro de Norma, as tarefas listas para coller. Escolle unha, deixa un comentario e é túa.

Licencio explica

Este conto tamén leva a súa nota.

O conto, o guión, os personaxes e as ilustracións teñen licenza CC BY-NC 4.0: podes compartilos, traducilos, adaptalos e contalos en aulas e charlas, sempre para uso non comercial. Lembra citar a autoría.

O xerador da presentación e esta web teñen licenza MIT.

As licenzas que aparecen dentro do conto (MIT, GPL, Apache) son parte da historia, non a licenza desta obra.

Licencio, o moucho, ensínalle a Teky as notas MIT, GPL e Apache na biblioteca do bosque
Licencio «Toda caixa leva a súa nota.»
Tui, o paxariño que pía para que todo o bosque se entere

Tui pía

Se non o contas, ninguén se entera.

Unha estrela no repositorio é o teu pío: axuda a que o conto chegue a máis xente e a que outras persoas atopen o proxecto.

☆ Dálle unha estrela